Fijo: 986 858 254 / Móvil: 604 077 362 / Fax: 986 861 977
¡BENVIDOS!
Ocupámonos dese colectivo de homes e mulleres desamparados que non por ter pouca visibilidade deixan de existir
Dunha asociación enfocada a paliar as consecuencias das drogas nos anos 90, evolucionamos ata atender hoxe outras moitas problemáticas e necesidades que, por diferentes razóns, quedan sen cubrir no ámbito dos servizos sociais da cidade.
Unha das nosas maiores preocupacións é a de coidar das persoas sen fogar por ser unha poboación especialmente vulnerable tanto polas súas propias reticencias para confiar nas intervencións levadas a cabo dende os servizos de axuda como polas problemáticas de saúde física e/ou mental que a meirande parte das veces os acompañan.
A actitude positiva da PRESIDENTA da asociación, Mª de los Ángeles Guisán Seijas sempre é ben recibida polos que a coñecen.
"As persoas sen recursos e con adiccións existen. Están na rúa, durmen en caixeiros... Non podemos matalos nin levalos a un monte a escondelos. Hai que atendelos, e para iso está o Centro de Atención Social Continuada"
VOLUNTARIADO
Os nosos voluntarios e voluntarias son uns dos pilares básicos da asociación. Se es unha persoa maior de idade, altruista e tes interese en mellorar a túa comunidade axudando ás persoas que sofren de inxustiza social, contacta connosco e trataremos de ofrecerche un oco onde poidas desempeñar a túa achega.
HORARIO
De Luns a Venres: De 09:00 a 14:00
Os Sábados, Domingos e Festivos: De 10:00 a 14:00
¡VISÍTANOS!
Os nosos colaboradores: