top of page
15_edited.jpg

Centro de Atención Social Continuada

TENTAMOS SER UN CENTRO DE REFERENCIA NA CIDADE

Neste espazo social, loitamos por desenrolar programas destinados a reinserción daquelas persoas que viven na rúa tratando que adopten rutinas de aseo e de coidado persoal, que se poñan ó día con aquelas cuestións xurídicas e/ou xudiciais que teñan pendentes, que se formen e busquen un traballo, que consigan alugar unha habitación nun piso compartido ou pensión, que tramiten a súa documentación para tela completamente en regra, que visiten os servizos sanitarios e se adhiran os tratamentos farmacolóxicos prescritos... coa finalidade de prestarlles unha atención integral aos procesos de inserción social, laboral e de autonomía achegándolles as persoas que nos visitan as ferramentas e os recursos necesarios para un desenvolvemento e integración satisfactoria dentro da nosa sociedade.

bottom of page